Rompamos barreiras de comunicación
Descubre as vantaxes que a tradución pode ofrecerche
e rompe as barreiras lingüísticas, culturais e sensoriais
que se interpoñan entre as túas creacións e as persoas.
Axúdoche a levar os teus proxectos a un público máis amplo,
coa calidade que tanto a túa obra como a súa experiencia merecen.


Preséntome!
Chámome Lucía Doval e son tradutora autónoma especializada en tradución audiovisual e literaria. As miñas linguas de traballo son o inglés (EN), o galego (GL) e o español (ES), nas combinacións EN>ES/GL e ES<>GL.
Aos meus 27 anos, teño participado activamente en numerosos proxectos creativos e traballado man a man con profesionais do cine, a música, o teatro e as redes sociais. Estou sempre aberta a escoitar novas propostas de colaboración!
Ademais de explorar con esta faceta máis artística e independente, traballo con empresas provedoras de servizos lingüísticos e subtitulo para canles de televisión e plataformas dixitais. O meu proxecto máis relevante ata hoxe é a tradución para subtítulos da serie O Señor dos Aneis: Os aneis de poder.
Fascíname o coñecemento en todas as súas formas. Son unha ávida lectora de libros de non-ficción e son cantautora e pianista. Se o teu proxecto trata temas como a filosofía, a música, a arte, as letras ou os misterios da realidade humana, saberei entenderte e adaptarme ao que precisas.
Conversa un anaco comigo e poderei contarche moito máis. Gústanme as persoas e o café!
Que precisas?
Subtítulos
Subtitulado para cine, televisión, redes sociais e plataformas de streaming.
Tradución e axuste para dobraxe
Tradución e adaptación de guións; adaptación de cancións.
Tradución literaria
Tradución de libros e contos; adaptación de poemas.
Recentemente...
Publiquei o meu primeiro libro! Chámase Lo que no te enseñan en el instituto e é un libro de non ficción para preadolescentes, adolescentes e non tan adolescentes. Nel cóntolle á miña sobriña as cousas que a min non me ensinaron no instituto, que me parecen fundamentais para a vida e que oxalá aprendese o antes posible.

ESCRÍBEME
Deica loguiño!
Segundo o Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679, Lucía Doval (Lucía García Giráldez) tratará a información que lle facilite coa finalidade de prestarlle o servizo solicitado e realizar a súa facturación. Os datos conservaranse mentres se manteña a relación comercial ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais, e non se cederán a terceiros agás nos casos nos que exista unha obriga legal ou sexa indispensable para realizar os servizos contratados. Vostede ten dereito a acceder aos seus datos persoais, a rectificar os datos inexactos, a solicitar a súa supresión cando xa non sexan necesarios e a limitar ou opoñerse ao seu tratamento e portabilidade. Pode exercer ditos dereitos escribindo a [email protected]. Tamén ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no caso de discrepancia sobre o tratamento dos seus datos persoais.